Apoio ao Programa Conciencia de divulgación científica da Universidade de Santiago

xoves, 22 Setembro, 2016

O Consorcio de Santiago mantén a súa colaboración coa Universidade de Santiago para o desenvolvemento do Programa Conciencia de dilvulgación científica, para o que achega 10.000 euros. Nesta edición participará o matemático francés Cédric Villani, gañador da Medalla Fields en 2010 pola súa contribución á física matemática, á xeometría e ás ecuacións diferenciais.

 

O luns 3 de outubro, ás 19:30 horas, no Auditorio Abanca da cidade, o científico impartirá a conferencia “De triángulos, gases, prezos e homes”. Tamén ofrecerá unha conferencia para clausurar Spin2016 na Cidade da Cultura, o sábado 1 de outubro ás 12:00 horas. E manterá unha reunión con investigadores da USC o luns 3 de outubro na facultade de Matemáticas, na que se debaterá sobre as fronteiras da investigación actual.

 

Máis información